GRUPO DE TRABALLO DE MESA SECTORIAL MÉDICOS URXENCIAS HOSPITALARIAS
Desenvolvemento Decreto 290/2001 do 31 de outubro
Con data 14 de decembro de 2005 constituíuse o grupo de traballo sobre condicións de traballo do persoal estatutario facultativo de urxencias hospitalarias, en cumprimento da encomenda realizada pola Mesa sectorial para avanzar un marco homoxéneo básico de condicións de traballo en tódalas institucións do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo da programación que corresponde aos órganos directivos das mesmas e das facultades dos respectivos órganos de representación dos traballadores.
Tras unha valoración global da problemática, e da constatación de condicións de traballo diversas neste colectivo, na reunión mantida o día 31 de marzo de 2006 acádanse as seguintes bases de acordo en canto a principios e liñas de actuación:
1. A actividade asistencial en urxencias é ordinaria e continuada ao longo de todo o día e todo o ano e require a presenza activa do persoal. Por esa razón tanto a xornada como as retribucións terán en conta ditas especificidades.
2. Sen prexuízo dos horarios que cada centro poda determinar, haberá unha xornada ordinaria en termos de horas/ano en función de que dita prestación sexa en quendas nocturna. Para estes efectos a incidencia do período nocturno na prestación de servizos anual terá especial relevancia.
3. Adecuaranse as retribucións complementarias para axustalas tanto á xornada realizada como ás especificidades da urxencia hospitalaria, coa análise das condicións particulares da prestación que deben ter incidencia en ditas retribucións complementarias, a realización do traballo en quendas, e no período nocturno.
Con esta adecuación retributiva debería ter carácter excepcional a aplicación de conceptos retributivos por exceso de xornada que tamén se prevén pero que teñen un concepto distinto á gardas tendo en conta a natureza activa da prestación en urxencias durante o período tradicional de garda.
4. En materia de vinculacións temporais, a selección de aspirantes será mediante convocatorias regradas que fomenten a participación dos aspirantes coa valoración de servizos noutros baremos de acceso a postos de persoal facultativo. As modalidades de vinculación temporal se realizarán adecuadas á causa e sobre estas novas condicións coa procura de fomentar a opción dos aspirantes pola prestación da urxencia hospitalaria.
5. Con base nas características propias desta actividade profesional, constátase a necesidade de deseñar un itinerario profesional para os profesionais da urxencia hospitalaria, ben mediante postos de traballo con características de prestación e horario determinadas nos servizos ou ben coa participación noutras áreas de actividade compatibles coa titulación de acceso ao posto de urxencias.
Analizada a proposta dos membros do grupo de traballo e valorada positivamente se propón o seguinte acordo: (aparecerá en el próximo artículo)
|