|
NOVO SERVIZO DE URXENCIAS: UN FRACASO (Os medios de comunicación)
Transcurrido máis dun mes dende a apertura do novo Servizo unificado de urxencias, período que esta Comisión de Centro considerou prudente para sair ao paso das constantes denuncias que o persoal do Servizo manifestounos dende o primeiro día, faise necesario facer un balance sobre todo polos graves problemas xurdidos incrementados de xeito inquietante pola concurrencia co periodo estival.
Fracaso é a mellor palabra que pode definir o proceso de unificación xa que non se produxo en absoluto ningunha mellora nin estructural, nin funcional nin en recursos humáns con unhas cargas de traballo inasumibles.
Dende o punto de vista Estructural foi unha auténtica irresponsabilidade abrir un servicio onde non se lle deron solucións ao acúmulo de pacientes nas salas de espera e pasillos (como se pode entender que un servizo que triplica a superficie dos dous anteriores dedique a mitade do espazo que había asignado a salas de espera), onde o quirófano de urxencias, a sala de trauma e o box de críticos son notoriamente máis pequenos que os das antigas urgencias, o que vai obrigar de xeito inmediato a obras de reforma (¿por qué non se fixeron antes?).
Funcionalmente podese dicir que o novo Servizo de Urxencias foi diseñado sen coñecer como se leva a cabo a atención urxente, concurren grandes espazos inútiles (pasillos) con espazos asistenciais mínimos, un Servizo co volumen de urxencias como o noso (+/- 300) debe ter 2 áreas de atención de pacientes críticos (agora temos unha e máis pequena que a que existía) e 2 quirófanos de urxencias (só temos un, o que implica máis demoras). Os circuitos asistenciais están sin definir, o que pode implicar preocupantes situacións de desasistencia. O diseño ergonómico non existe, a ubicación de material, as distancias a percorrer, a falla de intimidade no área de triaxe, os mínimos espazos para o persoal, a climatización caótica, a sala de observación agobiante, etc, un sin fin de detalles que repercuten de xeito constante e negativo sobre os traballadores.
Pese a elo o principal problema son os Recursos Humáns, todos os problemas reseñados anteriormente estarían minimizados si houbera unha adecuada dotación de persoal, entendemos que o proceso de unificación e apertura do novo Servizo de urxencias debería entenderse como unha actuación para acadar unha asistencia á urxencia máis eficiente e con unha maior calidade, sin embargo atopamonos co que o único parámetro que se valorou para abordar este proceso é o do aforro reducindo persoal. As cargas de traballo, fundamentalmente as nocturnas, son inasumibles xerando en primeiro lugar problemas asistenciais que repercuten de xeito directo non só sobre o persoal sinon fundamentalmente sobre os usuarios.
Todos estos problema vense agravados, si cabe, polo periodo no que nos atopamos, o verán, co considerable incremento da patoloxía estacional, o peche de prantas que implican ingresos nos amplios pasillos do Servizo (onte tiñamos 24 ubicados na sala B, observación, e ata 12 nos pasillos) e a utilización do persoal do Servizo para a atención destos pacientes ingresados.
Por parte desta Comisión de Centro xa temos plantexado estas problemáticas á dirección do C.H.OU., que nun alarde de inoperancia danos a única solución que non están dispostos a asumir os traballadores de urxencias: PACIENCIA.
Ourense, xullo de 2007
Asdo.:
Comisión de Centro do C.H.OU.
|