Anuncio do 11 de outubro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, relativo á publicación de puntuacións provisorias e á anulación de preguntas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo Resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 19 de decembro de 2006 (DOG nº 246, do 26 de decembro) e das diversas Resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 22 de decembro de 2006 (DOG nº 247, do 27 de decembro)
A base sexta A) das Resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 19 de decembro de 2006 (DOG nº 246, do 26 de decembro) e das diversas Resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 22 de decembro de 2006 (DOG nº 247, do 27 de decembro) polas que se convoca Concurso-Oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que trala realización dos exercicios de oposición os aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións ao mesmo.
Se o tribunal, de oficio ou en base ás reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es. Á vista das impugnacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou a súa plantilla definitiva de respostas correctas, polo que procede agora darlle publicidade ás listaxes de puntuacións provisorias outorgadas aos aspirantes, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que,
ANUNCIA:
Primeiro.- Publica-las puntuacións provisorias acadadas polos aspirantes presentados aos exercicios tipo test da fase oposición das categorías de alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, cirurxía xeral e aparello dixestivo, dermatoloxía médica cirurxía e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmaceutico de atención primaria, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, inmunoloxía, medicina do traballo, medicina física e rehabilitación, medicina intensiva, medicina interna, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, médico de familia, médico urxencias hospitalarias, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neumoloxía, neurocirurxía, neuroloxía, neurofisioloxía clínica, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, oncoloxía radioterápica, otorrinolaringoloxía, pediatras de atención primaria, pediatría e as súas areas específicas, psicoloxía clínica, radiodiagnóstico, radiofísica hospitalaria, reumatoloxía, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, uroloxía e xeriatría, confirmándose as plantillas de respostas correctas. A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas á plantilla de respostas correctas entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.
Segundo.- Contra esta exposición os interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación soamente contra erros aritméticos da puntuación obtida, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2007.
Asdo.: Antonio José Fernández Paniagua.