SEMES-GALICIA BLOG : Bitácora de la Sociedad Gallega de Medicina de Urgencias y Emergencias

   
Inicio

 

III Xornada de Actualización en Doazón de Órganos e Tecidos en Ourense

Enlace permanente 13 de Marzo, 2013, 15:08

OS PROFESIONAIS DE URXENCIAS E EMERXENCIAS ACTUALIZAN SEUS COÑECEMENTOS NO PROCESO DE DOAZÓN PARA TRANSPLANTES

 

§  Ampliar a formación dos profesionais implicados aumenta as posibilidades de captación de posibles doantes

§  Nos hospitais do Servizo Galego de Saúde realizáronse o pasado ano un total de 294 transplantes, tres máis que durante 2011

 

Ourense, 12 de marzo 2013.- A responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez Masid, inaugurou hoxe en Allariz a “III Xornada de Actualización en Doazón de Órganos e Tecidos”, destinada a persoal médico e de enfermería, organizado pola Sociedade Galega de Urxencias e Emerxencias e o Servizo de Urxencias, en colaboración da Oficina de Coordinación de Transplantes e o 061, coa asistencia 40 profesionais de toda Galicia.

Esta iniciativa ten por obxectivo actualizar e ampliar a formación dos profesionais dos servizos de urxencias e emerxencias para, fomentar a súa concienciación e motivación animando a súa participación activa no proceso de doazón de órganos e tecidos para transplante, incrementando así as posibilidades de captación de posibles doantes, mellorando a coordinación de todos os profesionais implicados e súa a comunicación coas familias.

Para ampliar estes coñecementos, habilidades e actitudes relacionadas co proceso de doazón, as Xornadas repasan o modelo organizativo español de doazón e transplantes; o concepto, diagnóstico clínico e instrumental e legal da morte encefálica; criterios de selección do potencial doante de órganos e tecidos; bases do mantemento do potencial doante de órganos e tecidos; toma de decisións en relación á doazón; comunicación en situacións difíciles; ética da doazón; entrevista familiar e discusión de casos clínicos.

Mellorar a comunicación coas familias

Estas III Xornadas, que se están a celebrar no Hotel AC de Allariz, suman en Ourense a súa terceira edición este ano, trala súa celebración, os pasados días, en Santiago de Compostela e Vigo. O curso ten un esquema teórico-práctico, con sesións repartidas en xornada de  mañá e tarde, impartido por profesorado de recoñecida experiencia.

Dirixidas Manuel José Vázquez Lima, presidente de SEMES-Galicia e coordinadas en Ourense por Cesareo Álvarez Rodríguez, do Servizo de Urxencias do Hospital de Verín, a xornada pecharase esta tarde con tres talleres prácticos, sobre os temas desenvolvidos na sesión da mañá.

Aumento das doazóns e os transplantes en 2012

Nos hospitais do Servizo Galego de Saúde realizáronse o pasado ano 2012 realizáronse nos hospitais do Sergas un total de 294 transplantes, tres máis que durante 2011. En concreto fixéronse 25 de corazón, 35 de pulmón, 91 de fígado, 138 de ril e 5 de páncreas.

O número de doadores de órganos cadáver en 2012 foi de 100; o que supón 15 mais que en 2010. Deles 43 na provincia da Coruña, 11 en Lugo, 6 en Ourense e 40 en Pontevedra. 

Respecto ás características dos doadores, en 2012 mantense o perfil de anos anteriores, cunha idade media de 60,4 anos, cun 73% de máis de 50 anos, un 22% entre 30 e 50, e o 5% eran menores de 30. O perfil do doador está a cambiar; agora son doadores maiores, para receptores tamén maiores.

As causas de morte dos doadores reflicten a progresiva diminución dos accidentes de tráfico, que pasou de ser a causa do 20% das mortes de doadores no ano 2000 ao 5% en 2012. Así a principais causas de defunción son os accidentes cerebro-vasculares, o 62%, seguido dos traumatismos craneo-encefálicos, sen orixe nun accidente de tráfico.

Asemade, con respecto a nos anteriores, diminuiron catro puntos as negativas familiares con respecto a 2011, pasando do 28,7% ao 24,8%. Unha taxa na que sen dúbida contribuirá a rebaixar o esforzó formativo do persoal involucrado na súa captación e manexo.

Comentarios 1 ~ Comentar | Referencias (0)



Sociedad Gallega de Medicina de Urgencias http://www.semesgalicia.es

 

 

 

"GUÍA RÁPIDA DE SOPORTE VITAL AVANZADO"

Dr. Manuel José Vázquez Lima y Dr. José Ramón Casal Codesido

Google

Página principal de Google Académico

 

Ir a la página principal de la Búsqueda de libros de Google